20180315084957-cambio-hora-marzo.jpg

Cambio de hora / Imaxe: ideal.es

Esta noite, madrugada do sábado 24 ao domingo 25 de marzo, comeza o horario de verán. Esta modificación supón adiantar unha hora os reloxos para aproveitar mellor a luz solar. Polo tanto, ás 2 haberá que cambiar o reloxo ás 3. É dicir, perdemos unha hora de día o domingo, que terá 23 horas.

O cambio horario obedece ao cumprimento da Directiva Europea 2000/84/CE do Cambio de Hora que pretende favorecer o aforro enerxético.

O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) estima que o aforro potencial que se produce durante o verán en España é dun 5%, o que representa uns 300 millóns de euros.