CAMBIO DE HORA
Cambio de hora / Imaxe:elecodepinoso.es
Mañá domingo, día 25 de marzo terá lugar cambio de hora, recuperando o horario de verán. Ás 2:00 da madrugada o reloxo cambiarase ás 3:00, adiantado unha hora, polo que esta noite terá unha hora menos.
En España, esta medida lévase adoptando dende 1974, aínda que a última regulación á que nos adapatamos chegou da man da directiva Europea 2000/84, que entre outras cousas unifica os días nos que se producen os cambios de hora en todos os países da Unión Europea, sendo estes o último domingo de marzo e outubro, respectivamente.
0 comentarios