MAÑÁ, MÉRCORES 16, HAI CLASES
Ante a confusión que poidan crear novas referente a suspensión de clases para mañá, fago público o comunicado da Consellería de Educación, onde queda claro que mañá SI HAI CLASES:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de comunicar aos centros educativos a decisión de suspender no día de mañá, 16 de febreiro, as actividades extraescolares e ao aire libre nos centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, e na Mariña lucense, por mor da alerta laranxa que entra esta medianoite. Deste xeito a Consellería transmite aos centros a recomendación da Comisión de Alertas Meteorolóxicas, que celebrou hoxe a súa primeira reunión.
Ao abeiro da aprobación do protocolo sobre adversos meteorolóxicos o pasado xoves no Consello da Xunta, hoxe quedou constituída a Comisión de Alertas Meteorolóxicas, encargada de realizar propostas decisións relativas á suspensión de actividade docente nos centros ou, de se lo caso, do transporte escolar.
A Comisión está formada polo director xeral de Emerxencias e Interior, polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias, o secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, e o director xeral de Centros.
A Comisión de Alertas constitúese como órgano de apoio e asesoramento á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a adopción, por parte desta, das medidas que procedan ante situacións de risco por fenómenos meteorolóxicos adversos.
FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria
0 comentarios