SAN VALENTÍN NO ESPAZO
As galaxias Arp 147 e o anel rosa / NASA/CXC/MIT/STScI/S.Rappaport et al
San Valentín, que hoxe se celebra, parece que está en todas as partes, ou eso parece mirando a impresionante imaxe que ofrecía a NASA estes días.
A Axencia Espacial Estadounidense localizou o que parece un anel, pero non engarzado con diamantes, senón con buracos negros. O espectacular anel forma parte do sistema Arp 147 de dúas galaxias en interacción. Situado a 430 millóns de anos-luz de distancia, na constelación da Balea, o sistema Arp 147 contén os restos da colisión entre unha galaxia espiral (como a nosa)e unha elíptica. A fenomenal colisión provocou unha onda expansiva de formación de estrelas masivas que aparecen en cores azuis sobre unha estructura circular.
Na imaxe, regularmente espaciados sobre a rexión circular, os buracos negros fannos pensar en pedras preciosas engarzadas nun anel. Na mesma imaxe obsérvase unha segunda galaxia cunha gran forma, tamén anular, rosada e alongada.
Para conseguir esta fascinante imaxe combináronse datos obtidos por dous telescopios espaciais. Co Observatorio de rayos-X Chandra target=_blank>telescopio espacial Chandra, de raios-X, os astrónomos localizaron os buracos negros, mentres que o Bubble proporcionou unha fotografía dixital de alta sensibilidade.
Feliz San Valentín!
0 comentarios