Blogia
vgomez

DESCOBREN SEIS NOVOS COROAVIRUS EN MORCEGOS



Un grupo de investigadores do Programa de Saúde Mundial do Instituto Smithsoniano descubriu a existencia de seis novos coroavirus en morcegos. Estes coroavirus non están relacionados co SARS-CoV-2, que é o que provoca a COVID-19. Tampouco con outros como o SARS CoV-1 e o MERS-CoV.

O estudo, que foi publicado en PLOS ONE, é froito dun traballo de biovixilancia realizado en Myanmar que se enmarca no proxecto Predict. Esta iniciativa, financiada pola Axencia dos Estados Unidos para o Desenvolvemento Internacional (USAID), ten como obxectivo coñecer e vixiar que patógenos poden pasar dos animais aos seres humanos.

Os científicos centraron o seu traballo naqueles sitios de Myanmar nos que os humanos teñen máis probabilidades de estar en contacto coa vida salvaxe local. Desde maio do 2016 ata agosto de 2018 recolleron máis de 750 mostras de saliva e de feces de morcegos da zona. O que atoparon foron seis coroavirus descoñecidos e un que, aínda que se atopou no sueste asiático, non se deu en Myanmar. Os expertos cren que nos morcegos pódense dar miles de coronavirus pero que moitos deles non foron descubertos.

"As pandemias virais lémbrannos o estreitamente que a saúde humana está conectada coa saúde da vida silvestre e o medio ambiente", dixo o autor principal do estudo. "En todo o mundo, os humanos están a interactuar coa vida silvestre cunha frecuencia cada vez maior, así que canto máis entendamos sobre estes virus nos animais, o que lles permite mutar e como se propagan a outras especies, mellor poderemos reducir o seu potencial pandémico".

Os autores do presente estudo din que estes achados subliñan a importancia da vixilancia das enfermidades zoonóticas (poden transmitirse entre animais e seres humanos) tal e como se producen na fauna salvaxe. Os resultados servirán de guía para a futura vixilancia das poboacións de morcegos a fin de detectar mellor as posibles ameazas  virales para a saúde pública.

Aínda que agora está na fala da xente, os coroavirus non son algo novo e antes xa causaron enfermidades graves en humanos. O MERS Cov é un coronavirus que produce o coñecido como síndrome respiratoria de Oriente Medio (MERS), detectado por vez primeira en 2012 en Arabia Saudita. O SARS CoV-1, pola súa banda, é un coroavirus que produce unha grave enfermidade respiratoria (SARS) e que en 2003 protagonizou un brote a nivel global. Asia informou sobre el en febreiro de 2003. Aos poucos meses, a enfermidade xa aterrara en América do Norte, Sudamérica, Europa e Asia. A OMS cifrou en 8.098 o número de enfermos e o falecemento de 774 persoas en todo o mundo por SARS ese ano. Coronavirus son tamén os causantes do arrefriado común.

"Moitos coroavirus poden non supoñer un risco para as persoas, pero cando identificamos estas enfermidades cedo nos animais, na fonte, temos unha valiosa oportunidade de investigar a ameaza potencial", dixo a coautora do estudo. "A vixilancia, a investigación e a educación son as mellores ferramentas que temos para previr as pandemias antes de que ocorran".

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia Imaxe: iStock


0 comentarios