O "POLO DO INFERNO", UN NOVO DINOSAURO
Reconstrucción de la apariencia en vida de Anzu / Carnegie Museum / Blogsayrio-elmundo.es
Científicos atoparon os restos do que chaman o "polo do inferno", un dinosauro duns 225 quilogramos con poutas afiadas que vivíu en Norteamérica hai uns 66 millóns de anos, segundo un artigo publicado por Public Library of Sciences (PLoS).
Bautizado como Anzu wilie ("anzu" polo demo parecido a un paxaro na mitoloxía de Mesopotamia, e "wiliei" por un neno chamado Wylie que é moi afeccionado aos dinosauros), este animal foi un dos oviraptosaurios máis novos coñecidos, é dicir, que viviu moi preto do período de extinción dos grandes dinosauros.
O seu aspecto sería o dunha "supergaliña" de entre 200 e 300 kg de masa corporal, 1,5 m de altura ao nivel das súas cadeiras e uns 3,5 m de lonxitude, tendo en conta que boa parte desta correspondería a unha cola da que carecen as nosas aves de curral. Tería poutas longas e afiadas, e era omnívoro, xa que comía vexetación, animais pequenos e os ovos doutros animais.
Os científicos atoparon tres esqueletos parciais do dinosauro (que conforman case un esqueleto completo) durante unha escavación no nivel superior da formación rochosa Hell Creek, en Dakota del Norte e Dakota del Sur.
FONTE: lainformación.com/ciencia
0 comentarios