ATOPAN DOUS BURACOS NEGROS PRETOS Á NOSA GALAXIA
Estaban preto pero ata agora permaneceran ocultos aos ollos dos telescopios. Trátase de dous buracos negros supermasivos situados no corazón de senllas galaxias próximas á Vía Láctea que foron presentados no Congreso da Sociedade Astronómica América celebrado nos pasados días 2 ao 7 en Grapevine, Texas (EEUU).
Un deles atópase na galaxia espiral NGC 1448, situada a 38 millóns de anos luz, mentres que o segundo foi localizado en IC 3639, a 170 millóns de anos luz. Ambos os obxectos foron descubertos grazas a un potente telescopio de raios X da NASA chamado NuSTAR (siglas de Nuclear Spectroscopic Telescope Array), que permitiu detectalos tras a nube de gas e po baixo a que os buracos negros poden pasar desapercibidos para os científicos.
Segundo explica a NASA, estes dous buracos negros son os motores centrais do que os astrónomos denominan núcleos galácticos activos, obxectos extremadamente brillantes que inclúen fontes de enerxía como os cuásares e os blazares. Dependendo da súa orientación e do tipo de material que lles rodea, resultan moi diferentes cando son observados por telescopios.
Os núcleos galácticos son tan brillantes debido a que as partículas que hai ao redor dun buraco negro teñen altas temperaturas e emiten radiación ao longo de todo o espectro electromagnético. "Da mesma forma que non podemos ver o Sol nun día nubrado, non podemos observar directamente o brillo dos núcleos galácticos activos debido a todo o gas e o po que rodea ese motor principal", explica Peter Boorman, da Universidade de Southampton, en Reino Unido.
Os astrónomos tamén observaron que a galaxia NGC 1448 alberga numerosas estrelas novas, de só cinco millóns de anos, o que suxire que a galaxia fabrica novos astros ao mesmo tempo que se alimenta de po e gas.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios