ONDAS NOS MARES DE TITÁN
Imaxe de Titán, a maior lúa de Saturno, tomada pola sonda "Cassini"/ EM
Nunca ata agora os científicos detectaran ondas sobre as augas doutro mundo fóra da Terra. A pesar de que se sabía que na superficie de Titán, a Lúa máis grande de Saturno, hai mares de hidrocarburos, non puideran comprobar que fenómenos naturais como as ondas, tan coñecidos na Terra, tamén parecen existir nesta rocha.
É no hemisferio norte deste satélite onde se encontran grandes mares formados a partir de hidrocarburos como o metano e o etano, substancias que se encontran en estado líquido a - 180ºC. Os indicios de ondas detectáronse no lago “Punga Mare”, o terceiro máis grande de Titán, cando a Cassini sobrevoou a súa superficie en xullo de 2012 e encontrou puntos brillantes sobre unha superficie que crían lisa e que se producían pola reflexión da luz solar. Ao igual que un espello redirixe a luz, o mesmo fenómeno sucedía na superficie dos lagos do satélite.
Os estraños puntos foron estudados nos laboratorios e, grazas ás observacións da Cassini, os científicos desta misión, un proxecto coordinado pola Axencia Espacial Europea (ESA) e a Axencia Espacial Estadounidense (NASA), chegaron á conclusión de que as características das imaxes obtidas poderían corresponder a ondas.
Estes indicios que non poderán verificarse ata que en 2017 a sonda espacial Cassini sobrevoe a superficie de Titán e comprobe que os puntos brillantes captados nas imaxes, durante os voos dos anos 2012 e 2013, corresponden realmente a ondas.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios