Blogia
vgomez

HUMOR REAL: LEXIVIA

 

Si, tal como reza a viñeta de hoxe no xornal El País de El Roto (Andrés Rábago García-Madrid 1947), habería que facerlle un monumento á lexivia. Se hai unha cousa que o confinamento polo coroavirus meteu na pituitaria dos españois é o cheiro a lixivia. Está nas casas, os descansillos das comunidades e ata nas paradas de autobús, polo que de entre todos os produtos de limpeza que están a desaparecer en cuestión de minutos dos estantes dos supermerecados, a lixivia leva a palma.

A lixivia doméstica é moi efectiva para a desinfección de superficies onde poida haber virus:

•     Superficies que se tocan con frecuencia: mesas e cadeiras, escritorios,  mesitas de noite, mobles do dormitorio, mesas de traballo, etc.

•     Pomos das portas.

•     Superficies do baño e o inodoro.

•     Billas.

Para que a lixivia sexa eficaz hai que limpar previamente as superficies cun trapo húmido, para recoller o po. Despois limpar esas mesmas superficies con outro trapo humedecida nunha disolución de lixivia ao 1:50. Limpar o trapo con auga da billa tras cada uso e volva impregnala con esta disolución de lixivia. Usar luvas. Ao rematar, lavar o trapo na lavadora a máis de 60º C. Para evitar todos estes útimos traballos, pódese empregar papel de cociña e tiralo cada veazque se empregue.

Como preparar a lixivia ao 1:50?

1.    Coller 20  ml de lixivia caseira, non importa a marca (2 cucharadas sopeiras).

2.    Botalo dentro dunha botella de 1 litro.

3.    Encher a botella con auga da billa ata completar.

4.    Pechar e darlle a volta varias veces para mesturar.

Atención: Preparar a mestura o mesmo día do seu uso

Para as mans non utilizar lexivia, o efecto da auga e o xabón é suficiente para unha hixiene correcta.

A prudencia manda e hai que evitar mesturar a lixivia con outros produtos de limpeza, xa que a combinación pode facer que se produza un perigoso gas.

Non se pode abusar no uso da lexivia, pois ocloro debilita o sistema inmunitario.

Un gran desinfectante e barato, pero que temos que empregalo con coidado!

0 comentarios