ERUPCIÓN DO VOLCÁN SINABUNG
Volcán Sinabung en erupción / Imaxe:rtve.es
Polo menos 14 persoas morreron, o sábado pasado, engulidas polas nubes de cinza quente que lanza o volcán Sinabung, ao norte da illa de Sumatra, no oeste de Indonesia.
O volcán Sinabung leva latente 400 anos, pero espertouse en 2010 e de novo en setembro de 2013. A situación estaba tranquila dende mediados de xaneiro, pero de súpeto estalou a mañá do pasado sábado, expulsando rochas e cinzas quentes ata 2.000 metros. O campo dos arredores, zona fundamentalmente agrícola, está cuberto de po gris.
O Sinabung (estratovolcán, cunha altitude de 2.460 m) é un dos 129 volcáns activos en Indonesia, atopándose no Arco de Sonda, unha cadea volcánica que une o cinto alpino co Cinto de Lume do Pacífico. Ten catro cráteres, dos que só un está activo.
FONTE: Xornal El Mundo e wikipedia.org
0 comentarios