Blogia
vgomez

HABILIDADES PARA APRENDER NO SÉCULO XXI

 

Esther Wojcicki: Xornalista e profesora en Pau Alto High School (California, EEUU) durante máis de 30 anos, Esther Wojciki está considerada como unha pioneira mundial no estudo da alfabetización mediática aplicada á educación. Desde 1984 dirixe o programa máis importante de educación mediática de EEUU. Xunto á creatividade, o pensamento crítico e a colaboración, Wojciki reivindica a importancia da comunicación como unha das principais habilidades que deben ensinarse nas escolas para lograr unha aprendizaxe máis significativa no século XXI. Wojcicki é tamén un referente na exploración da relación entre educación e tecnoloxía. Actualmente é vicepresidenta da organización mundial de licenzas Creative Commons e presidenta da Fundación de amigos de Lurdes Mutola para a promoción da educación das nenas en Mozambique. Ademais, e entre outras posicións, é consultora da Fundación Carnegie para o Avance do Ensino e colabora en diferentes medios de comunicación como a revista Time.

0 comentarios