Mario Alonso Puig é especialista en Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo e adicou a súa vida á Medicina e ao estudo da Intelixencia Humana e a psiconeurobioloxía. Membro da Academia de Ciencias de Nova York e da Asociación Americana para o Avance da Ciencia, Mario Alonso Puig converteuse nun referente internacional no desenvolvemento do ser humano a través da intelixencia, a motivación e o liderado. É autor de libros de éxito como “Madeira de líder”, “Vivir é un asunto urxente” e “Reinventarse: a túa segunda oportunidade”. Alonso Puig defende que “nunca hai que dar a ninguén por perdido” porque en todo ser humano existe grandeza. Sinala a importancia dos educadores para descubrir ese potencial, desenvolvelo e dar oportunidades. “Hai que vivir con paixón, con entusiasmo, con confianza nas nosas capacidades e adestrar o cerebro para conseguir o noso obxectivo”, afirma.