20180424192417-mundofeliz.jpg

Un mundo feliz / Imaxe: fragmentosdeliteratura.blogspot.com.es

 

A contestación correcta á pregunta do día anterior é UN MUNDO FELIZ. Aldous Huxley publicouno en 1932. A novela anticipa o desenvolvemento en tecnoloxía reprodutiva, cultivos humanos e hipnopedia que, combinadas, cambian radicalmente a sociedade. O mundo aquí descrito podería ser unha utopía, aínda que irónica e ambigua: a humanidade é desenfadada, saudable e avanzada tecnoloxicamente. A guerra e a pobreza foron erradicadas, e todos son permanentemente felices. Con todo, a ironía é que todas estas cousas alcanzáronse tras eliminar moitas outras: a familia, a diversidade cultural, a arte, o avance da ciencia, a literatura, a relixión e a filosofía.

Foi traducido ao galego por Anxo Romero e publicado por Edicións Xerais en decembro de 1996.

E así remato esta serie con motivo do DÍA DO LIBRO, que eu prolonguei toda a semana.

Ata unha nova serie de propostas sobre outro tema!

FONTE: muyinteresante.es/cultura