Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ANDORRA? IV

Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège. 

A contestación correcta á pregunta de onte é 450 km2. Exactamente 468 km2, sendo o sexto país máis pequeno de Europa. A modo comparativo para que te fagas unha idea, é máis pequeno que Palaos (459 km2),  máis pequeno que Santa Lucía (616 km2) e xa non digamos con Tenerife-Illas Canarias (2.034 km2), España, Francia, Portugal...

E imos coa pregunta de hoxe!
 

4. Oficialmente Andorra é Principado de Andorra. Cal é o seu significado?

1- Que é unha monarquía gobernada por un Príncipe, pois o rei morreu e é menor de idade.

2- Realmente non é un Principado é co-principado parlamentario constitucional.

3- É un principado, pois o píncipe un día chegará a ser Rei.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios