CANTO SABES DE CASTELA-A MANCHA? XIV
Continúo coa serie adicada a Castela-A Mancha, esa comunidade autónoma do interior de España, famosa pola súa artesanía, polos monumentos únicos das súas cidades e por ser o escenario das aventuras do famoso personaxe literario Don Quixote da Mancha.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1982. A Lei Orgánica 9/1982 do 10 de agosto do Estatuto de Autonomía de Castela-A Mancha foi aprobada polas Cortes Xerais e sancionada polo rei Juan Carlos I e o presidente do Goberno Leopoldo Calvo-Sotelo no Palacio de Marivent (Palma de Mallorca) o 10 de agosto de 1982. Foi reformado en 1991, 1994 e 1997 para aumentar as competencias autonómicas e as atribucións do Presidente da Xunta e comprende 54 artigos, organizados en 6 títulos, ademais das disposicións adicionais, transitorias, derrogatorias e final. En 2014 foi reformado por cuarta vez.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Quen é o Presidente actual de Castela-A Mancha?
- 1
- 2
- 3
Mañá a solución e última pregunta da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: periodicoclm.publico.es, es.wikipedia.org e abc.es
0 comentarios