Blogia
vgomez

SOBRE A GRAVIDADE VII

Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".

Se onte falamos de que a gravidade é a forza máis debil, hoxe tócalle a…

7. A ausencia de gravidade no organismo

 

Talvez un dos aspectos máis rechamantes da ingravidez, a partir da experiencia dos astronautas, sexa a percepción polo propio corpo dos cambios fisiolóxicos que obrigan ao organismo para realizar adaptacións sorprendentes para conservar a súa identidade.

Sangue, hormonas, receptores de varios tipos, músculos, osamenta e moitos outros dos nosos perpiaños entran nun baile maldito ao que hai que poñer freo para non sucumbir. E así, cando a masa de sangue que en posición vertical sometida á gravidade tende a acumularse nas rexións inferiores do corpo, vese liberada da atracción terrestre, é desprazada cara ás zonas superiores, producíndose unha redistribución que explica a hinchazón da cara. As pernas, polo efecto contrario, adelgazan. Os expertos, irreverentes, falan de "patas de pito". O fluxo do sangue cara á parte superior do corpo afecta o corazón, que non está habituado a esa sobrecarga. Os receptores de volume deste órgano, entre outros, dan un sinal de alarma. O cerebro é informado e pon en marcha a inhibición dunha hormona de nome elocuente: antidiurética. A súa diminución no sangue xunto á posta en escena doutra diminución hormonal que afecta á perda de sal polo ril, explica as perdas de peso ao pouco tempo de iniciado o voo, como resultado dunha gran excreción de ouriños. Ao quinto día, aproximadamente, o corpo, falto agora de líquido pola perda de ouriños, inviste os mecanismos.

O peso e os volumes do astronauta volven á normalidade. Ademais o corpo cambia tambien na súa talla. Os astronautas fanse máis esveltos mentres exercen de tales e só volven ao seu tamaño cando regresan á Terra. Estes cambios non parecen entrañar perigos que comprometan a saúde. Algo menos estudado é o problema que supón a deterioración dos ósos durante o voo. Sábese que existe unha perda de masa ósea, especialmente no talón, co consecuente aumento de calcio no sangue, onde este é recollido. Ese calcio en exceso debe ser eliminado polos riles, co perigo de formación de cálculos. Polo momento non se teñen as claves para comprender esta deterioración.

Moitos outros sistemas corporais despístanse en ausencia de gravidade. Os receptores que nos axudan a manter o equilibrio, situados no oido interno, reciben sinais ás que non están afeitos. Por fortuna, os efectos desaparecen moi pronto. Ao regresar á Terra, os seus corpos e mentes necesitan tempo para recuperarse. A presión arterial ten que volver a un patrón terrestre. O organismo ten que volver axustarse básicamente.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e Elena Escudero/elpais.com    Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios