A ORIXE DAS PALABRAS: SABER MÁIS QUE LEPE (SEGUNDA PARTE)
Onte comezamos a falar da expresión sabes mais que Lepe, que se refire a alguén que é moi perspicaz e astuto, non necesariamente sabio e intelixente, e en ton irónico, a quen se pasa de listillo.
Se onte citaba a primeira teoría deste dito popular, hoxe falaremos da segunda, asocioada con outro personaxe, non de tanta sona coma Don Pedro de Lepe e Dorantes, ainda que neste caso si, sendo desta localidade onubense de Lepe: Juan de Lepe. Mariño nado na devandita localidade onubense no seo dunha familia humilde a mediados do século XV, o azar fixo que Juan de Lepe chegase ata a corte do rei Enrique VII de Inglaterra, de quen foi confidente, amigo, comensal e ata bufón. Este lepeiro pasou á historia por gañarlle ao monarca unha partida de cartas a dobre man na que este se apostou as rendas reais producidas nun día e o nomeamento simbólico como Rei de Inglaterra durante 24 horas. Por esta razón Juan foi coñecido por todo o reino como Little King of England.
En 1509, á morte do rei, regresou ao seu pobo natal como home rico, vivindo alí holgadamente ata a súa morte. En 1.583 o franciscano Francisco de Gonzaga na súa obra Orixine Seraphicae Religionis describiu a lápida do sepulcro de Juan de Lepe no desaparecido convento franciscano da nosa Señora da Bela, do que Juan de Lepe foi benefactor.
FONTE: hispanoteca.eu e fraseomania.blogspot.com Imaxe: youtube.com
0 comentarios