CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? VIII
Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.
A contestación correcta á pregunta de onte é República. Foi un período da historia de Roma caracterizado polo réxime republicano como forma de estado, que se estende desde o 509 a. C., cando se puxo fin á Monarquía romana coa expulsión do último rei, Lucio Tarquinio o Soberbio, ata o 27 a. C., data en que tivo o seu inicio o Imperio romano coa designación de Octaviano como princeps e Augusto. Na república, as atribucións do rei pasaron a ser exercidas por dous cónsules durante un ano que poden, con permiso do Senado romano, designar un ditador con poderes case ilimitados pero temporais (seis meses). Co cambio de réxime comezaron as longas loitas entre dúas clases sociais: os patricios e os plebeos. Arredor do ano 300 a.C. os patricios tiveron que ceder e os plebeos alcanzaron a igualdade legal (máis aparente que real).
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Xulio Cesar foi un Emperador romano.
- V (Verdadeiro)
- F (Falso)
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: historiaclasica.com Imaxe: biografiasyvidas.com
0 comentarios