O CINTO DE ASTEROIDES
SONDA DAWN
ASTEROIDES:
Os asteroides son fragmentos rochosos ou metálicos, cunhas dimensións que varían desde unha pequena rocha ata ter 1.000 km de diámetro, caratectizados por unha superficie irregular e a ausencia de atmosfera.
Algúns asteroides, sen embargo, teñen órbitas que van máis alá de Saturno, outros achéganse máis ao Sol que á Tierra. Algúns colisionaron contra o noso planeta. Cando entran na atmosfera, póñense incandescentes, transformándose en meteoritos.
O CINTO DE ASTEROIDES:
Atópanse entre as órbitas de Marte e Xúpiter. Nesa rexión, duns 550 millóns de km, orbitán máis de 18.000 asteroides, algúns incluso teñen satélites que xiran ao seu redor. Por razóns descoñecidas non lograron no seu día formar outro planeta.
Entre eses asteroides atópanse CERES, o máis grande, descuberto en 1801, con 457 Km de radio e cunha distancia media ao Sol de 413.900.000 Km.
Outro asteroide importante é VESTA, con 262 km de radio, descuberto no ano 1807 e aunha distancia media do Sol de 353.400.000 km.O pasado xoves 27, a sonda "DAWN" (amañecer) emprendeu o seu voo con dirección ao cinto de asteroides, onde chegará dentro de catro anos. O obxectivo da nave é explorar os asteroides Vesta e Ceres. Os investigadores da NASA pensan que neles poden estar as claves da orixe do Sistema Solar.
Para coñecer máis sobre esta misión espacial, pincha en:
0 comentarios