"A mensaxe deste Día Mundial do Medio Ambiente é simple: rexeita o plástico descartable. Se non podes reusarlo, rexéitao. Xuntos podemos trazar o camiño cara a un planeta máis limpo e verde"

                           António Guterres, Secretario Xeral da ONU

Hoxe, 5 de xuño de 2018, celebramos o Día do Medio Ambiente, baixo o lema “Un planeta #SenContaminación por plásticos”.

A campaña insta os gobernos, a industria, as comunidades e as persoas para unirse para reducir urxentemente a produción e o uso excesivo de plásticos  descartables que contaminan os nosos océanos, danan a vida mariña e ameazan a saúde humana.

Tamén é cousa túa!