Blogia
vgomez

NOVOS INDICIOS DE VIDA MARCIANA

 
Autorretrato do vehículo robótico "Curiosity" en Marte  / NASA/elmundo.es

 

Amodo pero sen pausa, desde 2012 o vehículo  Curiosity explora Marte, analizando o seu chan e a súa atmosfera. Convertido no correspondente  robótico dos  astrofísicos, ofrece esta semana dous novos descubrimentos sobre os principais enigmas científicos do planeta vermello. Iso si, a interpretación destes dous achados, recollidos na prestixiosa revista  revista Science en estudos independentes, queda aberta ao debate.

Por unha banda, o  rover da NASA descubriu que a cantidade de gas metano presente na atmosfera marciana varía significativamente ao longo do ano, alcanzando o seu mínimo durante o inverno. Por outra banda, detectou materia orgánica preservada en materiais moi antigos, de fai uns 3.000 millóns de anos.

Para os  astrofísicos detectar e entender a orixe do metano é moi importante para poder determinar se hai ou algunha vez houbo vida en Marte, pois na Terra entre o 90 e o 95% deste gas ten unha orixe biolóxica. Que estea presente en Marte, aínda que sexa en cantidades pequenas, abre a posibilidade de que puidese haber vida ou a houbese no pasado. Con todo, o metano tamén pode proceder doutras fontes polo que a súa presenza non significa necesariamente que haxa vida.

Segundo este estudo, esa variabilidade estacional é moito maior da que prevían os modelos que usan, o que apunta á existencia de procesos descoñecidos ata agora.

Tras analizar os datos do metano recolleitos durante cinco anos co  espectrómetro  TLS-SAM, comprobaron que a acumulación deste gas na atmosfera marciana oscilaba entre as 0,3 partes por mil millóns e as case 0,7 partes por mil millóns. Na Terra a concentración de metano é de 1,8 partes por millón, é dicir, 10.000 veces maior que en Marte.

De onde vén ese metano? "A hipótese máis plausible é que proceda duns xeos chamados  clatratos, que pensamos que existen en Marte, aínda que aínda non se atoparon. Na Terra están no subsolo de altitudes altas, como a  estepa  siberiana, e son capaces de atrapar gas dentro dunha molécula", relatase na investigación i. Así que unha das teorías que barallan é que hai millóns de anos grandes cantidades de metano quedarían atrapadas no subsolo e co cambio ás condicións presentes de Marte, volvéronse inestables.

Unha segunda teoría, enumera, sostén que certas reaccións químicas nos minerais do subsolo de  marte liberarían ese metano e, por último, existe a posibilidade de que o metano sexa producido por organismos, aínda que parécelle pouco plausible. "Se existe algo vivo en Marte ten que estar no subsolo pois a radiación  ultravioleta e a atmosfera tan delgada que hai no planeta vermello fana inviable na súa superficie", sinala o estudo.

Por outra banda, para atopar o material orgánico nos sedimentos de 3.000 millóns de anos de antigüidade,  Curiosity perforou o chan co seu trade e extraeu as mostras en dous puntos diferentes do cráter  Gale, denominados  Mojave e  Confidence Hills. Anteriormente, xa identificara de forma limitada compoñentes orgánicos en  Sheepbed, outra zona dese mesmo cráter.

Tras recoller as mostras, quentounas para poder estudar as moléculas, que son liberadas pola acción da calor. A análise identificou, entre outras,  tiofeno,  metanotiol e  dimetilsulfuro. Os autores desta segunda investigación, cren que poderían ser fragmentos de moléculas máis grandes. As mostras do cráter  Gale contiñan "niveis excepcionalmente altos" de xofre que, segundo este equipo de científicos, axudaría a conservar a materia orgánica durante tantos millóns de anos.

Que haxa compoñentes orgánicos en Marte  é algo  esperable porque no Universo prodúcense en ausencia de organismos vivos e chegan aos superficies dos planetas a través dos impactos de cometas, asteroides, meteoritos ou partículas de po  interplanetario. "Máis especulativa é a posibilidade de que haxa vida ou a houbera en Marte. A vida na Terra usa e produce principalmente catro tipos de compoñentes orgánicos:  carbohidratos, lípidos, proteínas e acedos  nucleicos, que se forman a partir de moléculas orgánicas máis pequenas. Se asumimos que a hipotética vida marciana non serían moi diferente á vida terrestre, a procura de vida en Marte céntrase nestes ladrillos", explicase noutro estudo de Science.

FONTE:teresa Guerrero/elmundo.es/ciencia

0 comentarios