Continuamos co percorrido pola orixe das seis marcas máis antigas e que naceron como pequenas tolemias persoais nos albores do século XX e aínda hoxe sobreviven entre os condutores convertidas en grandes compañías.

4. OPEL (1863)

Opel Logo

Logo da marca / Imaxe: car-brand-names.com

Adam Opel iniciou a súa empresa de fabricación de máquinas de coser en 1863. Uns anos despois converteríase no maior fabricante do mundo de bicicletas e, tras un intento con pouco éxito de lanzar un automóbil Lutzmann e posteriormente fabricar baixo licencia o francés Darracq, presentou o seu propio modelo en 1902, o 10/12  HP con motor de dous cilindros. Sería xa en 1909 cando conseguiría o éxito definitivo co  Opel 4/8  HP, un coche que se popularizou pola súa fiabilidade e robustez.


Opel 4/8 PS

Opel 4/8  HP / Imaxe: drivedrill.com  

En 1929 General Motors comprou a maioría das accións de  Opel, controlando desde entón a marca alemá ata que, o pasado ano, foi adquirida polo grupo francés PSA.

Mañá a quinta marca!

FONTE: Luis A. Soto/motor.elpais.com