20180707130235-thumb.jpg

"Pipper", no castro de Santa Trega / Imaxe: farodevigo.es

 

España é o segundo destino turístico do mundo, pero non encabeza as listas de países "dog friendly" e quen quere viaxar con can sábeno. Promover a integración dos cans no sector turístico e dar a coñecer os recursos públicos e privados que aceptan cans nos principais destinos turísticos son os obxectivos da viaxe de "Pipper", un simpático can que viaxa acompañando -ou acompañado, segundo se mire- a Pablo Muñoz.

Entre os destinos marcados na axenda deste turista de catro patas non podía faltar Galicia, onde visitou o castro de Santa Trega, na Guarda, a praia das Catedrais, Santiago, Combarro, Sanxenxo, O Grove, A Coruña e a Costa da Morte, periplo que foi narrando nas redes sociais -Instagram, Facebook, Twitter- e en YouTube, onde xa pode visionarse o videoclip do seu paso pola comunidade, co nome de "Pipper on circuíto".

"Pipper" percorrerá todas as comunidades autónomas, mostrando os 50 destinos turísticos máis emblemáticos de España dando pistas sobre que visitar, onde aloxarse e onde comer se se viaxa con can.

Boa viaxe!

FONTE: farodevigo.es