Continuado co visionado da serie "O home e a Terra. Fauna ibérica", dentro dese legado marabilloso que deixou Félix Rodriguez de la Fuente, propónovos hoxe a segunda parte dos tres capítulos adicados ás especies "Ao bordo da extinción". En concreto neste capítulo séguese a falar da pita do monte (Tetrao urogallus), do crebaosos  (Gypaetus barbatus) e do oso pardo ibérico (Ursus arctos pyrenaicus) e engádese a aguia perdiceira (Aquila fasciata), o corzo (Capreolus capreolus) e un conxunto de aves carroneiras.

Mañá a terceira parte.

Que o disfrutedes!