Blogia
vgomez

UN XIGANTESCO PAPAVENTOS IMPULSARÁ COA FORZA DO VENTO GRANDES EMBARCACIÓNS

UN XIGANTESCO PAPAVENTOS IMPULSARÁ  COA FORZA DO VENTO GRANDES EMBARCACIÓNS

O Beluga Skysail, un cargueiro de 10.000 toneladas de peso, cruzará o Atlántico impulsado pola forza do vento, grazas a un xigantesco papaventos. Cando se atope ben alonxado da costa, lanzara ao aire un papaventos de 160 m2, que según as probas mariñas e eólicas realizadas, será capaz de arrastrar a embarcación e aforrar entre un 10 ou 15 % do pesado combustible que normalmente queima. Se a viaxe entre Bremen (Alemania) e Venezuela de ida e volta resulta exitoso, podería ser común que vexamos enormes cargueiros por todo o mundo arrastrados por papaventos do tamaño dun campo de fútbol, podendo aforrar ata un 50% de combustible.

As enerxías renovables teñen que ir substituíndo ás enerxías non renovables. Seguiremos con atención este experimento.

 


0 comentarios