Blogia
vgomez

SEPARACIÓN E RECICLAXE DOS OURIÑOS

Os sistemas de inodoros especializados recuperan o nitróxeno e outros nutrientes dos ouriños para usalos como fertilizantes e outros productos / MAK/Georg Mayer/EOOS NEXT

A separación e a reciclaxe dos ouriños, se se instaurase a gran escala, supoñería enormes beneficios ambientais e de saúde pública. En lugar de contaminar as masas de auga, os ouriños transformados podería destinarse a abonar os cultivos ou a alimentar os procesos industriais.

Grazas aos avances en inodoros e estratexias de tratamento, a separación e a reciclaxe poderían estar a punto en breve para a súa posta en marcha. Con todo, deben superarse obstáculos sociais e culturais de gran calado para remodelar de modo drástico unha das principais formas de saneamento.

En Gotland, a maior illa de Suecia, a auga doce é escasa. Ademais, os seus habitantes enfróntanse a un perigoso nivel de contaminación procedente da agricultura e do sistema de rede de sumidoiros, que xera unha proliferación prexudicial de algas no mar Báltico que a rodea. Esta pode matar os peixes e facer enfermar ás persoas.

Para axudar a resolver esta serie de ameazas ambientais, a illa está a encomendarse a unha única e insospeitada substancia que os une: os ouriños humanos.

En 2021, un equipo de investigadores empezou a colaborar cunha empresa local que aluga retretes portátiles. O obxectivo é recoller, durante a buliciosa tempada turística estival e ao longo de tres anos, máis de 70.000 litros de ouriños procedentes de inodoros sen auga e de váteres especializados situados en varios emprazamentos. O equipo pertence á Universidade de Ciencias Agrícolas de Suecia (SLU), en Uppsala, que creou unha empresa chamada Sanitation360. Mediante un proceso desenvolvido polos investigadores, secan os ouriños para obter bloques similares ao formigón que logo trituran ata convertelos nun po que compactan en gránulos de abono aptos para os equipos agrícolas habituais. Un agricultor local aplica o fertilizante para cultivar cebada, que é transportada a unha fábrica de elaboración de cervexa que, tras ser inxerida, pode volver de novo ao ciclo.

Se en lugar de verter ao medio mariño os ouriños cargados de nitróxeno empregámola como fertilizante orgánico, desastres como o do Mar Menor poderían ser menos graves.

As comunidades piloto nas que se está empezando a probar o sistema daran ou quitarán a razón a este sistema.

E como punto final, unha pregunta: Comerías verduras ou froitas que foron fertilizadas con ouriños?

FONTE: investigacionyciencia.es e weareemotion.es        Estudo e imaxe: nature.com

0 comentarios