Blogia
vgomez

COGOMELOS II: COPRINUS

COGOMELOS II: COPRINUS

Coprinus comatus

Estes días temos unha espectacular plantación deste cogomelo Coprinus comatus no noso xardín do IES. Calquera de vós podedes observalos e recolectar os que se atopen en condicións. Imos pois coñecer algo sobre este cogomelo.

Nun principio aparece como unha especie de ovo, máis ou menos alongado, podendo acadar ata os 10 cm de altura e de 4-6 cm de diámetro. A súa superficie está adornada con fibriñas brancas dispostas en mechas, facilmente desprendibles. Na súa parte superior pode aparecer unha especie de casquete ce cor parda cervino, con pequenas escamas parduscas no resto do sombreiro. Orixinalmente teñen cor branca e coa maduración adquiren unha cor rosada e logo negra dende o fondo cara arriba.  Cando está todo negro descomponse  nunha especie de tinta negra viscosa. A carne é branca, fráxil, cun cheiro e sabor moi tenues e agradables.

É excelente comestible, aínda que dura pouco, polo que só se pode consumir cando as láminas están aínda brancas. A mellor forma de preparalo é en revolto.

De calquera xeito, consulta en caso de dúbida. Non consumas cogomelos sen estar seguro e sen contar coa opinión dun experto.

0 comentarios