AFORRO ENERXÉTICO NO FOGAR: FALSAS LENDAS
Aforro de enerxía no fogar / Imaxe:yoahorroenergia.blogspot.com
Cando falamos de aforro enerxético no fogar, hai mitos que calaron entre a poboación, ata aceptarse polo imaxinario colectivo como verídicos. Porén, moitas desas premisas non se axustan á verdade. Estas son algunas desas falsas ideas que non axudan a aforrar.
- 1. Lavar a man os pratos consome menos que o lavalouzas: falso
Diversos estudos avalan o uso do lavalouzas fronte ao lavado de pratos tradicional. Un informe do Canal de Isabel II e BSH Electrodomésticos España reflicte que, fronte ao lavado tradicional a man, co uso do lavalouzas os pratos quedan máis limpos, aforrándose 30 litros ao día e consumindo un 10% menos de enerxía. Eso sí, os aparatos serán eficientes de baixo consumo que aforran, durante a súa vida útil, un 70% do consumo enerxético. Segundo un estudo da Universidade de Bonn, a cantidade de auga que consome un lavalouzas clase "A" é duns 15 litros por lavado, fronte aos 119 litros do lavado a man para a mesma cantidade de louza. Os expertos recomendan utilizalo cando se atope cheo, elexir o programa adecuado e cargalo pola noite, xa que o consumo da rede é menor.
-
2. Apagar a calefacción consome máis que mantenela a unha temperatura constante: falso
En moitos fogares é habitual conservar unha temperatura media durante as 24 horas, xa que considérase que apagar e acender a calefacción acarrea un maior consumo de enerxía e, polo tanto, de gasto. Aínda que é preciso un pico de calor para acadar de novo a temperatura desexada, o saldo final de enerxía consumida é ventaxoso. Segundo un estudo da Oficina Verde da Universidade de Zaragoza, se se limita a temperatura a 16ºC entre as diez da noite e as seis da mañá, pódese recortar en torno a un 13% o consumo anual de combustible, con respecto ao que ocurriría se se mantén unha temperatura constante de 20ºC. Co apagado o aforro é aínda maior. A nova regulamentación en España aconsella regular os termostatos a 20ºC en inverno e é que 1ºC máis de temperatura pode supoñer un 7% máis de consumo.
-
3. O modo espera (standby) apenas consome enerxía: falso
Deixar os aparatos eléctricos apagados en modo espera supón un gasto de 231 kWh ao ano, case o mesmo que o consumo medio anual do lavalouzas (246 kWh) e moito máis que o do ordenador (172 kWh), segundo datos do último estudo do IDAE en colaboración co Eurostat. Esto supón o 2,2% do gasto medio de enerxía das casas, o mesmo que o consumo medio do forno (231 kWh) e moito máis que o do ordenador (172 kWh) ou o resto de electrodomésticos (76 kWh). O standby representa preto do 5% do consumo dos fogares.
-
4. Pola súa escasa superficie, a perda de calor polas fiestras é residual: falso
Esgrímese que ao ser unha superficie moi reducida con respecto é superficie total da vivenda, esa perda non é moi importante. Os estudos de diversos expertos reflicten que entre o 25% e o 30% da calefacción gastada nos fogares destínase a cubrir as perdas da calor que se orixinan nas fiestras. Segundo un informe da Universidade de Zaragoza, os sistemas de dobre vidro ou de dobre fiestra poden reducir ata nun 50% a perda da calor con respecto aos vidros sinxelos.
-
5. Manter os fluorescentes acendidos gasta menos que se se acenden e apagan cada vez: falso
Outra falsa idea moi espallada entre os fogares é que o gasto de enerxía ao deixar os tubos fluorescentes acendidos é menor que se se apagan e acenden cada vez. De maneira errónea, susténtase nunha explicación similar á da calefacción. Pola contra, os estudos demostraron que pese a que ao acender un tubo fluorescente precísase un sobreconsumo de corrente eléctrica, este apenas dura unha fracción de segundo. En iluminación incandescente, o tempo máximo de ausencia que non compensaría o apagado e acendido posterior redúcese a tan só 0,3 segundos. De aí que o gasto sexa moito maior se se deixa sempre acendido. Agora ben, a vida do fluorescente pode acurtarse se se apaga e se acende en repetidas ocasións. Non así as lámpadas de Led, que permiten os acendidos e apagados sen avaría. As bombillas de baixo consumo supoñen un aforro enerxético. O seu prezo é superior ao das tradicionais, pero a súa vida útil supera os cinco anos e consomen un 80% menos.
-
6. A cocina eléctrica gasta menos que a de gas: falso
Os expertos aseguran que as cocinas eléctricas ou vitrocerámicas consomen catro veces máis que as de gas. O IDAE recomenda, en caso de dispor dunha cociña eléctrica, empregar baterías de cociña, tixolas e cazos con fondo groso difusor. Así lógrase unha temperatura máis homoxénea en todo o recipiente.
Teñamos en conta estes consellos e rompamos con eses falsos mitos!
FONTE: Revista Eroski Consumer/Economía
0 comentarios