Blogia
vgomez

DETECTOR DE BULOS AMBIENTAIS (VI)

Continúo coa serie adicada aos bulos e noticias falsas sobre cambio climático e medio ambiente, que onte comezamos, e que baixo o título Detector de bulos ambientais, o xornal El País rastrexa esta desinformación para desmentir e aclarar algunhas das mentiras máis reproducidas e que rexorden en moitas ocasións. 

6. Non, non se está provocando a seca en España con xeoenxeñería

Ronseis deixados no ceo polos avións na Rioxa / Getty Images

Periodicamente e desde hai anos, as teorías sobre os ronseis asolagan as redes. É, quizais, unha das conspiracións máis populares, talvez porque só fai falta mirar ao ceo para ver ese rastro que deixan os avións. Pero eses ronseis non son a proba de que se estea fumigando con produtos químicos á poboación. E tampouco son a proba de que se estea evitando a choiva con xeoenxeñería. Esta última mentira é a que se replicou durante abril e maio, cando a falta de choivas foi moi pronunciada na Península debido aos anticiclóns que bloqueaban a chegada de precipitacións. Esta conspiración saltou, como xa ocorreu noutras ocasións, á Fiscalía de Medio Ambiente, onde se presentaron decenas de denuncias (que non son admitidas). Un informe do Ministerio Público aclara que eses ronseis non son máis que "nubes de xeo" e non existe ningún plan secreto para bloquear a choiva en España.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) leva anos negando tamén ese suposto plan secreto de xeoenxeñería. Neste documento de preguntas e respostas detalla que “os ronseis de condensación son nubes de xeo, en forma de longas liñas, que xorden en ocasións ao paso dun avión, por condensación do vapor de auga contida nas emisións dos motores”. “Os ronseis en si, son simples nubes de xeo, que non poden envenenarnos”, conclúe Aemet nese texto.

Continuará...

FONTE: Manuel Planelles/elpais.com/medio ambiente

0 comentarios