TEMPO DE CASTAÑAS: UN CONTO
A CASTAÑA QUE ESTOUPOU COA RISA
Un día, xa hai anos, ían de camiño unha brasa de carbón, unha palla e unha castaña. Chegaron á beira dun río e non sabían como facer para atravesalo.
A castaña, que era moi lista, propuso o seguinte: como a palla pode flotar na agua, eu montareime enriba dela e nadando levarame á outra beira e despois voltará a levarte a ti, dixo falando cara a brasa.
Como a idea pareceulles ben ás dúas, así se fixo. Primeiro a palla levou a castaña e despois voltou pola brasa. Pero cando estaban no medio do río, a palla sentíu que se estaba queimando coa calor da brasa e, de súpeto fixo un movemento brusco e dunha sacudida botóuna a auga.
Cando a castaña viu esto, deulle un ataque de risa, ríase tanto de vela brasa mollada, ríase con tanta forza que estoupou. A palla quedou na beira do río toda chamuscada. A brasa chegou máis tarde, tan molladiña que se apagou.
Estaban as dúas incomodadas coa castaña porque se estaba a rir mentras elas o pasaban mal, pero cando se decataron que coa risa lle reventara a tona e que estaba destrozada, sentiron lástima dela e foron buscar un xastre para que a remendase e lle recosese o burato.
O xastre só tiña un anaco de tea máis claro que o da tona da castaña e tivo que amañala poñéndolle un anaco desa cor. Por iso agora andan tóodas as castañas cun pedaciño de tona que parece un pouco máis claro.
0 comentarios