TEMPO DE CASTAÑAS IV: A RECEITA
Son moitas as receitas que, fundamentalmente ou como acompañamento, levan castañas. Hoxe pararémonos, penso eu, na xoia, na receta fundamental: O MARRÓN GLACE.
Ingredientes: 1/2 kg de castañas, 400 g de azucre, 1 vaina de vainilla ou no seu defecto 2 cucharadas de azucre avainillado.
Preparación: Fai un pequeno corte nas castañas e ponas nunha pota con auga quente, escaldándoas durante 10 minutos. Pela as castañas quitándolle as peles que as recubre con moito coidado de que non rompan. Cóceas nun litro de auga ata que se atopen ben tenras (non sería mala idea metelas nunha rede pequena). Mentres tanto, prepara o almibar con 3/4 litros de auga, o azucre e a vainilla, nunha pota durante 15 minutos a medio lume. Engade as castañas (quitándoas da rede se a empregastes para cocer) e a lume lento están a cocer durante outros 15 minutos. Saca a pota do lume e deixa reposar as castañas durante un día enteiro. Forra a bandexa do forno con papel especial e dispón as castañas sobre el. Estarán durante 20 minutos a 125 ºC ata que vexas que están ben secas. Despois de enfriar, disponas en cápsulas de papel e xa se poden servir.
¡Bo proveito!
0 comentarios