CHAITÉN
Reactivación do volcán Chaitén (Foto:Infobae.com)
O pasado 12/05/08 daba conta da entrada en erupción do volcán chileno Chaitén, situado nos Andes meridionais, despois de estar "durmido" uns 10.000 anos. Ao parecer nos últimos días a actividade volcánica volveu aumentar dunha forma moi violenta, o que levou ás autoridades chilenas a evacuar aos habitantes da localidade do mesmo nome que o volcán. O curiso é que numerosas persoas néganse a marchar.
A situación é moi perigosa pois o macizo ten unha fractura superior a un quilómetro no domo, sector sur, con evidentes sinais de colapso e de producirse chuvias intensas sobre o volcán, xerarían aluvións de gran magnitude, provocando daños na cidade de Chaitén.
Se queres recordar os datos do volcán, xa publicados pincha en VOLCÁN CHAITÉN
0 comentarios