Blogia
vgomez

OCO

OCO

OCO (Observatorio Orbital do Carbono). Ese é o nome do novo satélite medioambiental que acaba de ser lanzado pola NASA, concretamenta a pasada noite. Para poñelo en órbita empregouse un foguete taurus.

OCO transporta a bordo novos espectrómetros calibrados para medir a cantidade de luz solar reflectida que é absorbida polo dióxido de carbono e o osíxeno molecular, permitindo así realizar medidas globais precisas do dióxido de carbono na atmosfera da Terra.

OCO describirá unha órbita case-polar a 438 millas de altitude cun período de revisita de 16 días durante 2 anos.

Coa información obtida poderanse facer pronósticos máis fiables dos cambios futuros na abundancia e a distribución do CO2 na atmosfera e o efecto que estes cambios poidan ter no clima.

 

ÚLTIMA HORA : O foguete Taurus XL que debía poñer en órbita o OCO sufríu un problema, polo que o satélite caeu no océano Pacífico, preto da Antártida, estragando a misión, cun custe de 210 millóns de €.

 

0 comentarios