UNHA ESTRELA SUPERXIGANTE: HR5171A
A estrela HR5171A, unha hiperxigante amarela cun diámetro de máis de 1300 veces o Sol, foi observada o conxunto de telescopios VLT, en Chile / ISO/DIGITALIZED SKY SURVEY 2
A estrela HR5171A está a uns 12.000 anos luz da Terra, na constelación do Centauro, e é unha xigante amarela, tan enorme que, cun diámetro de 1.300 veces o Sol, resulta a maior que se coñece deste tipo. É aproximadamente un millón de veces máis brillante que a nosa estrela. Descubriuno un equipo internacional co conxunto de telescopios VLT (do Observatorio Europeo Austral, ESO) en Chile e cunha técnica avanzada de observación, pero combinando os seus resultados con datos doutros telescopios e de traballos de astrónomos afeccionados que os científicos profesionais cualifican de "excelentes". É unha das dez estrelas máis grandes, cun tamaño un 50% superior á famosa superxigante Betelgeuse.
As hiperxigantes amarelas son pouco correntes, só coñécese unha ducia delas na Vía Láctea, e están nunha fase da súa evolución na que son inestables e cambian rapidamente, expulsando e formando unha nebulosa extensa ao seu arredor. En concreto HR5171A, está a facerse máis grande nos últimos 40 anos, arrefriándose ao medrar.
HR5171A forma un sistema binario cunha compañeira de masa inferior e algo máis quente, cunha temperatura da primeira na súa superficie que rolda os 5.000 graos centígrados; a menor dá unha volta completa arredor da maior cada 1.304 días terrestres, cunha marxe de erro de seis días máis ou menos. Esta formación de sistema binario foi unha sorpresa para os astrónomos ao realizar as últimas observacións.
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios