O ENIGMA RESOLTO POLOS XENES DOS RINOCERONTES
Na actualidade sobreviven cinco especies de rinocerontes, pero a maioría extinguiuse hai uns tres millóns de anos, antes do Pleistoceno. Ese é o motivo de que os biólogos leven máis dun século preguntándose a relación entre eles e cal foi a súa evolución. Agora, o ADN axudou a encher eses ocos na árbore xenealógica destes animais xuntando non só a información xenética dos rinocerontes vivos, senón tamén de tres especies extintas. Os resultados acaban de publicarse na revista Cell.
Os achados mostran que a división máis antiga separou as liñaxes africanas e euroasiáticas hai uns 16 millóns de anos. Tamén observaron que, mentres que as poboacións de rinocerontes, que cada vez son máis escasas, hoxe teñen menor diversidade xenética e máis endogamia que os seus antepasados, os rinocerontes historicamente tiveron baixos niveis de diversidade xenética.
"Agora podemos demostrar que a rama principal da árbore da vida dos rinocerontes atópase entre as rexións xeográficas de África e Eurasia, e non a antiga división entre especies cun corno e con dous", explica Love Dalén, investigador do Centro de Paleogenética e o Museo Sueco de Historia Natural. "O segundo achado importante é que todos os rinocerontes, incluso os extintos, teñen unha diversidade xenética comparativamente baixa. Ata certo punto, isto significa que a baixa diversidade xenética que vemos nos rinocerontes actuais, que están en perigo de extinción, é en parte unha consecuencia da súa bioloxía".
Pola súa banda, Mick Westbury, coautor do estudo, sinala que o oito especies en xeral mostraron unha diminución continua pero lenta do seu tamaño durante os últimos dous millóns de anos. "Os tamaños de poboación continuamente baixos poden indicar que os rinocerontes en xeral están adaptados a baixos niveis de diversidade". Esta noción é consistente cunha aparente falta de mutacións deletéreas acumuladas (mutacións que predisponen a enfermidades) nos rinocerontes nas últimas décadas. Westbury di que os rinocerontes poden eliminar mutacións deletéreas nos últimos 100 anos, o que lles permite permanecer relativamente sans, a pesar da baixa diversidade xenética.
Ao principio xurdiron estudos dos xenes do rinoceronte por separado. Pero tras unha reunión, os investigadores que participan no artigo decidienron xuntar todos os seus datos. "E aí enfrontámonos tamén ao problema dos macrodatos", sinala Shanlin Liu, Universidade Agrícola de China, en Pequín. Para solucionar o problema, o equipo tivo que desenvolver novas ferramentas de análises para ter nas diferenzas entre especies, aínda que este novo enfoque pode aplicarse en estudos doutros grupos taxonómicos, sinalan os autores.
Dalén di que os achados son "en parte boas noticias e en parte non". Parece que os baixos niveis de diversidade xenética nos rinocerontes son parte da súa historia a longo prazo e non provocaron un aumento dos problemas de saúde relacionados coa endogamia e as mutacións que causan enfermidades. "Con todo, tamén atopamos que os rinocerontes actuais teñen unha menor diversidade xenética e niveis máis altos de endogamia, en comparación cos nosos xenomas de rinoceronte históricos e prehistóricos -di o investigador-. Isto suxire que a recente diminución da poboación causada pola caza e a destrución do hábitat tivo un impacto nos xenomas. Isto non é bo, xa que a baixa diversidade xenética e a alta endogamia poden aumentar o risco de extinción das especies actuais".
Aínda así, estes datos axudarán á conservación dos rinocerontes. "Esperamos que isto proporcione un marco para comprender mellor de onde poden xurdir as poboacións translocadas, cambios directos na diversidade xenética e si algunha poboación perdeuse para sempre debido aos humanos".
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios