Blogia
vgomez

A ORIXE E O SIGNIFICADO DESTE SÍMBOLO: ESVÁSTICA

esvástica é un símbolo con orixes antigas, que comeza no subcontinente indio. É unha cruz equilátera cos seus brazos dobrados nun ángulo de 90 graos. Foi utilizada como símbolo relixioso por varias civilizacións, especialmente polos hindús no subcontinente indio. O nome esvástica derívase da palabra sánscrita que significa "sorte". Na Europa medieval, a esvástica usábase en igrexas e como símbolo decorativo ou amuleto da boa sorte. Con todo, moitas persoas recoñecen este símbolo unicamente na súa relación co nazismo. E é que, a principios da década de 1920, Adolf Hitler e o NSDAP (Partido Nazi) incorporaron a esvástica no Hakenkreuz, unha esvástica negra nun círculo branco sobre un fondo vermello. O Hakenkreuz converteuse no emblema máis visible do movemento nazi e transformou o significado da esvástica, particularmente nos países occidentais.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios