CONTO: XOGADORES DE GOLF ESPECIAIS
Golf / Imaxe:www.womenseffort.org
Estaban xogando ao golf Moisés, Xesucristo e un ancián.
Moisés é o primeiro en golpear. Colle o pau, prepárase e paff: A bola remata na auga. Pero, volvéndose cara aos seus compañeiros, di :
- Non pasa nada. En efecto, colle o pau, chántao no chan e as augas sepáranse , tralo cal pégalle de novo á bola, que remata no buraco .
Chégalle o turno de Xesucristo. Colle o pau, prepárase e paff: A bola tamén remata na auga.
- Non vós preocupedes -di Xesús aos seus compañeiros de xogo. Diríxese cara o estanque, empeza a camiñar sobre a auga, chega a onde está a bola flotando, pégalle de novo e... ao buraco.
Por fin, tócálle o turno ao ancián, que colle o pau, prepárase e paff: A bola vai directa á auga, pero, xusto antes de chegar, sae un peixe e come a bola. Pero antes de que o peixe caia de novo á auga, aparece unha gaivota que come oo peixe. Tras un curto voo, á gaivota cáelle un raio, que a fulmina no chan, onde abre o peteiro, sae a bola e métes no buraco.
Entón Xesucristo vólvese cara ao ancián e dille:
- Mira, papá, se empezas con chulerías, xo non xogo.
0 comentarios