Este verán tiven un regalo dun compañeiro de traballo, Paco, xa xubilado coma min, que consistía en dúas novelas que, polas súas portadas, parecían non ter nada en común, pero despois de lelas si que tiñan algúns nexos comúns, aínda que un fundamental: os nazis.

Ténovos que decir que ámbalas dúas son excelentes, moi ben documentadas e dunha lectura fácil.

A primeira delas "Os fillos do mar" (Ediciones B,S.A.,2017) está escrita por Pedro Feijoo (Vigo, 1975). É unha novela que mestura realidade e fantasía, que arranca no Vigo actual e acaba desentrañando un misterio que comezou en 1702, coa desaparición nas augas da ría de Vigo do maior cargamento de ouro traído de América: "o ouro de Rande".

A segunda, "A casa do nazi" (Grupo editorial S.A.U., 2018) está escrita por Xabier Quiroga (Escairón-Lugo, 1961). É unha novela negra de investigación sobre un dos feitos históricos máis fascinantes e ocultos da nosa posguerra: a misteriosa "ruta das ratas". Investigación que se centra nas aldeas, vilas, pazos e mosteiros da Galicia interior tendo o seu final na Ribeira Sacra.

Calquera das dúas engancharavos dende o comezo!

Boa lectura!