Continúo coa sección dos himnos das distintas comunidades e cidades autónomas.

Hoxe tócalle o turno á Comunidade Foral de Navarra.

O Himno das Cortes é o himno da Comunidade Foral de Navarra. Debe a súa orixe á Marcha para a entrada do Reino,  pasaclaustro barroco que se interpretaba no claustro da Catedral de Pamplona ao paso das Cortes de Navarra, con motivo da celebración das súas sesións. Esta marcha interpretábase desde o século  XIX nas principais cerimonias oficiais de Navarra e considerábase, de feito, como o himno propio de Navarra, aínda que non tivo carácter de oficial ata 1986. En 1993 o Parlamento de Navarra aprobou a harmonización oficial do himno, así como a súa letra, baseada na composta en 1971 por Manuel  Iribarren.

Por Navarra,

tierra brava y noble,

siempre fiel,

que tiene por blasón,

la vieja ley tradicional.

Por Navarra,

pueblo de alma libre,

proclamemos juntos,

nuestro afán universal.

En cordial unión,

con leal tesón,

trabajemos y hermanados,

todos lograremos,

honra, paz y amor.

Mañá o himno de Extremadura!