Blogia
vgomez

OS HIMNOS DAS COMUNIDADES E CIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA

 

A Constitución española de 1978, no seu artigo 2 "recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións" que integran a Nación española. Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial administrativa que, dentro do ordenamento xurídico constitucional estatal, está dotada de certa autonomía lexislativa con representantes propios e de determinadas competencias executivas e administrativas.

A división política e administrativa do noso país ten a forma de dezasete comunidades autónomas (na que está incluída como tal a comunidade foral de Navarra), ademais de Ceuta e Melilla, cuxos estatutos de autonomía outórganlles o rango de cidades autónomas.

Boa parte das comunidades autónomas decáranse  como unha identidade colectiva, lingüística ou cultural diferenciada do resto de España, facendo a este país máis rico e diverso.

Nesta sección, que hoxe comezo, falaremos dos himnos das distintas comunidades e cidades autónomas. Un himno é unha composición musical emblemática, que a identifica e que une entre si a quen a interpreta. En xeral, os himnos tratan de reflectir a unión, o sentimento de solidariedade e a glorificación da súa historia e das súas tradicións.

Hoxe comezaremos, como non, polo noso himno, o de Galicia.

O himno galego conxuga o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga. O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por fogar de Breogán. Foi interpretado por primeira vez en 1907 na Habana, Cuba.

Mañá, o himno de Cataluña!

0 comentarios