Blogia
vgomez

OS BORBÓNS EN ESPAÑA X

Continúo co paseo pola galería de todos os monarcas que, baixo o apelido Borbón, sentáronse no trono de España e o repaso dos fitos máis importantes do seu reinado.

10. ALFONSO XII

Alfonso XIII, chamado "o Africano",​ (Madrid, 17 de maio de 1886-Roma, 28 de febreiro de 1941), foi rei de España desde o seu nacemento ata a proclamación da Segunda República Española o 14 de abril de 1931. Asumiu o poder efectivo aos dezaseis anos de idade, o 17 de maio de 1902.

A inesperada morte do rei Alfonso XII o 25 de novembro de 1885, aos seus 27 anos, provocou unha crise que levou ao Goberno presidido por Práxedes Mateo Sagasta a paralizar o proceso de sucesión á Coroa á espera de que a viúva do rei, María Cristina de Habsburgo dese a luz, pois estaba embarazada naquel momento. Cando o 17 de maio de 1886 a raíña rexente deu a luz a un home, Alfonso  XIII, iste foi recoñecido de inmediato como rei, sendo un caso único na Historia.

En 1906 casou con Victoria Eugenia de Battenberg (1887-1969). Do matrimonio tiveron un total de sete fillos, cinco varóns e dúas mlleres.

Durante o seu reinado España experimentou catro problemas de suma importancia que acabarían coa monarquía liberal: a falta dunha verdadeira representatividade política de amplos grupos sociais, a pésima situación das clases populares, en especial as campesiñas, os problemas derivados da guerra do Rif e o nacionalismo catalán.

Abandonou España voluntariamente tras as eleccións municipis de abril de 1931, que foron tomadas como un plebiscito entre monarquía ou república. Alfonso pasou o seu exilio aloxado en hoteis de luxo de diferentes cidades europeas, que podía pagar grazas a diñeiro depositado previamente en contas bancarias suízas e inglesas. Ao pouco tempo separouse da súa esposa, Vitoria. Os últimos anos da súa vida pasounos en Roma.

Mañá o seguinte monarca Borbón!

FONTE: Idea orixinal Daniel Delgado/muyinteresante.es e wikipedia.org Imaxe: Fotografía de Alfonso XIII de Kaulak/Wikipedia.es

0 comentarios