Blogia
vgomez

OS BORBÓNS EN ESPAÑA VIII

Continúo co paseo pola galería de todos os monarcas que, baixo o apelido Borbón, sentáronse no trono de España e o repaso dos fitos máis importantes do seu reinado.

8. ISABEL II

Isabel II, chamada "a dos Tristes Destinos" ou "a Raíña Enxebre" (Madrid, 10 de outubro de 1830-París, 9 de abril de 1904), foi raíña de España entre 1833 e 1868,​ grazas á derrogación do Regulamento de sucesión de 1713 (comunmente denominado Lei Sálica aínda que, tecnicamente, non o fose) por medio da Pragmática Sanción de 1830. Isto provocou a insurxencia do infante Carlos María Isidro, irmán de Fernando VII e tío de Isabel II, quen, apoiado polos grupos absolutistas (os denominados carlistas) xa tentara proclamarse rei durante a agonía de Fernando.

En 1846, cando contaba 16 anos, casou co seu primo, o infante Francisco de Asís de Borbón, duque de Cádiz (1822-1902). Foron pais en doce ocasións, aínda que varios embarazos acabaron en abortos ou os neonatos faleceron ao cabo de moi pouco tempo.

O seu reinado empezou coa primeira das Guerras Carlistas e as rexencias da súa nai e o xeneral Baldomero Espartero. Foi proclamada maior de idade e raíña en 1843, con trece anos, e a súa subida ao trono supuxo un cambio de paradigma na política española e o abandono definitivo do Antigo Réxime a favor do liberalismo. Isabel tivo que outorgar toda a súa confianza nos liberais do país, que defendían o seu dereito ao trono, e ao final foron as distintas faccións deste pensamento as que gobernaron realmente.

O seu reinado resultou ser realmente convulso, definido polas constantes disputas entre liberais moderados e liberais progresistas, a aparición de varias constitucións, a sucesión de gabinetes e os levantamentos militares. Ao final, en 1868, a Revolución Gloriosa expulsou a Isabel II do trono e obrigouna a marcharse ao exilio. O 25 de xuño de 1870 abdicou en París en favor do seu fillo, o futuro Alfonso XII. Mentres tanto, grazas ao apoio de varios grupos no goberno, o príncipe  Amadeo de Saboya, membro da familia real italiana, foi elixido para substituíla no trono como Amadeo I de España.

O rei renuncia ao trono o 11 de febreiro de 1873. Os madrileños toman as rúas en apoio aos deputados republicanos que conseguen ao día seguinte a proclamación da República. Na reunión das Cortes o 11 de febreiro de 1873, Emilio Castelar abre a Cámara, proclamándose a Primeira República Española.

Mañá o seguinte monarca Borbón!

FONTE: Idea orixinal Daniel Delgado/muyinteresante.es e wikipedia.org Imaxe: Fotografía de Isabel II realizada por J. Laurent/wikipedia.org


0 comentarios