Blogia
vgomez

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XIII

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Vigo. Esta cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas, na provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia. É o concello máis poboado de Galicia. O detalle para identificar a fotografía é a súa ría e ao fondo as Illas Cies, que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

E Imos coa proposta de hoxe!

13. Identifica esta cidade:

- Zaragoza

- Burgos

- Teruel

- Salamanca

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe tripadvisor.es

0 comentarios