Blogia
vgomez

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XVII)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos das Bardenas Reais, hoxe tócalle o turno a...

17. Bufóns de Pría (Asturias)

En Llames de Pría (Llanes), ao mar óese resoplar, coarse polas gretas das rochas e caer como orvallo sobre a superficie. Este fenómeno natural, coñecido como bufóns. 

Un bufón é unha formación cárstica que consiste nun furado vertical a poucos metros da beira dun cantil de rocha calcaria e que inferiormente comunica co mar. Cando a marea sobe e as ondas baten con forza, exulsa un chorro de auga de mar pulverizada, o que provoca un son característico que lle dá o nome ao bufón. A columna de auga pulverizada pode acadar máis de 10 metros de altitude e o bufido oírse a varios quilómetros.

Un curioso espectáculo que concentra a un gran número de visitantes.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

0 comentarios