A VISTA DE DRON: MOTILLA DE AZUER
A auga pode ser ás veces máis valiosa que o ouro e que calquera metal. As secas persistentes son sempre dramáticas. A fame e a sede sacan o peor de nós mesmos. Ao comezo da Idade do Bronce (2200-1300 antes de Cristo), en plena rexión da Mancha, un longo período de seca fixera que aumentasen os enfrontamentos, liderados por señores da guerra que fortificaran os poboados. Niso tivo moito que ver a metalurxia do bronce, que supuxo unha revolución nos modos de vida das tribos nómades, que se asentaron en poboados estables e comezaron a almacenar e intercambiar con outros grupos próximos. Tamén se empezaron a elaborar produtos artesanais derivados, como o queixo, documentado na Motilla de Azuer.
A Motilla de Azuer é unha excepcional fortificación, de máis de 4.000 anos, formada por varios muros circulareiras e concéntricos, con corredores entre eles a través dos cales se accedía ao interior. Dentro identificáronse silos e fornos, así como un patio no que se pode ver o pozo máis antigo da península Ibérica. Ese pozo, de máis de 14 metros de profundidade, fórono escavando segundo aumentaba a seca e descendían os niveis hídricos, buscando as capas máis baixas do nivel freático mediante ramplas. A Motilla do Azuer era, pois, unha auténtica fortaleza na cal gobernaría un señor da guerra que sen dúbida foi chamado na comarca o Señor da Auga.
A 11 kilómetros de Daimiel atópase Motilla de Azuer (Ciudad Real), que debe o seu nome ao río Azuer, afluente do río Guadiana.
Digno de ser visitado!
FONTE: elviajero.elpais.com
0 comentarios