GRANDES ANIMAIS A ESCALA HUMANA
Cando vemos os grandes animais, moitas veces perdemos as referencias do seu tamaño.
Por iso, o fotógrafo Harman Singh Heer decidiu fotografar a este xigantesco rinoceronte de Quenia a moi pouca distancia e situado a nivel de chan. Con experiencia no terreo e asesorado por un guía local, esperou que se achegasen e captou o momento cun gran angular.
O corno, formado principalmente por queratina, parece apuntar á cámara. Os rinocerontes son uns dos mamíferos máis grandes do planeta e posiblemente non visen a Heer porque non teñen boa vista. En cambio, o seu olfacto e audición están extraordinariamente desenvolvidos...
Uns datos: O tamaño dos rinocerontes brancos machos oscila entre 3,70 e 4,20 m de lonxitude sen contar a cola (a cal promedia 70 cm en ambos os sexos), unha altura aos ombreiros de entre 1,70 a 1,86 m, e un peso de entre 2.000 e 2.300 kg. Mentres que as femias van de 3,35 a 3,65 m de lonxitude, unha altura ao ombreiro de 1,60 a 1,77 m, e un peso de entre 1.500 a 17.00 kg.
FONTE: Pedro Molina/nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org
0 comentarios