AS 5 PLANTAS MÁIS INVASORAS DE ESPAÑA IV
Continúo coa serie adicada as plantas invasoras no noso país, que representan máis do 35 % das especies reguladas polo Ministerio de Transición Ecolóxica e que poden provocar impactos graves e de maior magnitude que moitas especies animais, ao actuar con ritmo lento e de forma pouco aparatosa, son ignoradas polo groso da sociedade.
4. Acacia mimosa
É importante non confundir a chamada acacia mimosa (Acacia dealbata) coa verdadeira mimosa (Mimosa pudica). Ambas teñen similitudes, pero as diferenza un trazo inconfundible: a verdadeira mimosa pecha as súas follas ao ser golpeada, e a acacia non.
Esta árbore, orixinario de Australia, introduciuse como ornamental, para fixar noiros e para a extracción de tinguiduras, aceites esenciais e goma arábiga. É unha planta invasora moi perigosa en áreas tépedas e subtropicais. Ten unha gran facilidade para xerminar e para rebrotar despois dun incendio, e o seu rápido crecemento convértea nunha excelente competidora, especialmente en zonas perturbadas por incendios ou pola deforestación, ou en áreas de matogueira.
Ao ser unha especie que non consegue invadir en bosque maduro, a prevención mediante o mantemento e a conservación da cobertura vexetal é unha das mellores formas de evitar a súa invasión. Eliminar a súa presenza en parques e xardíns é prioritario.
Mañá a quinta, e última, planta invasora!
FONTE: Vary (Álvaro Bayón)/muyinteresante.es
0 comentarios