TAL DÍA COMO HOXE: 28 DE SETEMBRO...
1783: O químico rioxano Juan José Delhuyar e Lubice e o seu irmán Fausto presentan o informe do descubrimento do tungsteno (tamén chamado wolframio) ante a Xunta Xeral da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País.
1889: En París (Francia), a primeira Conferencia Xeral de Pesos e Medidas define a lonxitude dun metro como a distancia entre dúas liñas nunha barra feita cunha aliaxe de platino con 10% de iridio, medida ao momento de fusión do xeo.
1951: Golpe de estado na Arxentina contra o xeneral Juan Domingo Perón
2008: SpaceX convértese na primeira empresa privada en dirixir un foguete aeroespacial (Falcon 1 voo 4) cara á órbita da Terra.
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: radioreloj.cu, cronica.com.mx e es.wikipedia.org
0 comentarios