Blogia
vgomez

RIQUEZA NATURAL E PAISAXÍSTICA DE ESPAÑA II

Continúo coa serie Riqueza natural e paisaxística de España, na que facemos un pequeno percorrido polas marabillas que a natureza esculpíu ao longo dos anos e aqueles espazos que son o resultado do traballo e enxeño do ser humano.

Hoxe imos a...

2. Campos de lavanda de Prihuega (Guadalaxara)

Sempre se falou da beleza dos espectaculares campos de lavanda franceses, principalmente emprazados na Provenza, ou dos que se cultivan na Illa de Hvar, en Croacia. Pero non fai falta saír de España, na provincia de Guadalaxara (Castela-A Mancha), sen ir máis lonxe, cultívanse enormes extensións de lavanda que alcanzan o seu apoxeo a mediados de xullo.

O afortunado lugar para este marabilloso milagre da natureza é a localidade de Brihuega, un precioso recuncho da Alcarria, cheo de colorido espectacular da lavanda en flor.

Mañá outro lugar alucinante!

FONTE: Idea orixinal abc.es/viajar, es.wikipedia.org e desnivel.com  Imaxe: elmagazindemerlo.blogspot.com

0 comentarios