Blogia
vgomez

OS BORBÓNS EN ESPAÑA V

Continúo co paseo pola galería de todos os monarcas que, baixo o apelido Borbón, sentáronse no trono de España e o repaso dos fitos máis importantes do seu reinado.

5. CARLOS III

Carlos III, chamado "o Político" a ou "o Mellor Alcalde de Madrid" (Madrid, 20 de xaneiro de 1716-Madrid, 14 de decembro de 1788), foi duque de Parma e Plasencia entre 1731 e 1735, rei de  Nápoles e rei de  Sicilia de 1734 a 1759 e de España desde 1759 ata a súa morte en 1788. Carlos era o terceiro fillo home de Felipe V que chegou á vida adulta e o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel Farnesio, polo que foron os seus medio irmáns Luís I e Fernando VI quen sucedeu ao seu pai nun primeiro momento.

Contraeu matrimonio en 1737 con María Amalia de Saxonia (1724-1760), filla de Federico Augusto II. Tiveron trece fillos, pero só sete chegaron a adultos.

O seu reinado viuse caracterizado por certo aperturismo ás ideas ilustradas e a novas formas de pensamento que viñan dos países da contorna e por unha serie de grandes reformas e melloras seguindo a filosofía do despotismo ilustrado (“todo para o pobo, pero sen o pobo”). Apoiándose en ministros como Esqulache, Grimaldi ou Floridablanca, Carlos III logrou modernizar o país e mellorar as condicións de vida da poboación mentres o mantiña todo o poder e a capacidade de decisión na súa man.

En política exterior destácase un achegamento a Francia, co que rompía a neutralidade promovida por Fernando VI, e o seu apoio ás Trece Colonias na Guerra de Independencia dos Estados Unidos.

Mañá o seguinte monarca Borbón!

FONTE: Idea orixinal Daniel Delgado/muyinteresante.es e wikipedia.org Imaxe: Retratro de Carlos III de Anton Raphael Meng/wikipedia.org

0 comentarios